_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Diego Anido achega ao Auditorio “O Deus do pop”, unha proposta de teatro experimental e para todos os públicos

“O Deus do pop” é a obra coa que Diego Anido, mundialmente coñecido polo seu papel na multipremiada película “As Bestas”, desembarca o sábado 25 de novembro en Vilagarcía. Anido voltea no texto escrito, dirixido e protagonizado por el mesmo, notas autobiográficas sacadas dunha fase da súa vida anterior aos importantes recoñecementos profesionais que ten acadado, e recréaos na vida e nas experiencias dun xove músico que “cre ter moito menos do que se merece e que aspira a ser unha megaestrela do rock, como queriamos todos na nosa xuventude”.
20.11.2023.- O santiagués, que conta cun Premio Mestre Mateo e un nomeamento aos Goya polo seu papel no film de Rodrigo Sorogoyen “As Bestas”, describe “O Deus do pop” como “unha obra de teatro contemporáneo, experimental e multidisciplinar na que utiliza unha linguaxe maximalista mesturando teatro, danza e música”. Malia isto, asegura que se trata dunha peza entendible facilmente por todo tipo de públicos.

A representación forma parte do ciclo da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios cofinanciada polo Concello e a Agadic. As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com (ao prezo xeral de 5 euros, máis gastos de xestión), e de non esgotarse, o mesmo día da función a partir das 18.00 horas na billeteira do Auditorio. Existen entradas bonificadas a 3 euros para titulares do carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, previa acreditación da súa condición. A representación comeza ás 20.00 horas.

Diego Anido presentou a súa obra de teatro no Concello nun acto no que o acompañaron o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón. O rexedor salientou a carreira e a calidade artística de Anido, tanto como actor como dramaturgo, e asegurou que para Vilagarcía é unha honra poder incluír na súa programación cultural as mellores representacións teatrais que se están a facer en Galicia e tamén aos mellores actores e creadores. Varela lembrou que esta é a máxima que segue o Concello ao programar actividades, recordando que, sen ir máis lonxe, a semana pasada Carlos Blanco representou no Auditorio “Síbaris”, a única obra de teatro escrita por Domingo Villar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -