CULTURA
Os centros de ensino musical municipais celebran o día de Santa Icía con senllos concertos O martes 22 de novembro é o día de Santa Icía, a patroa dos músicos. Con motivo desta conmemoración, os dous centros de ensino musical dependentes do Concellos de Vilagarcía organizan senllos concertos no Auditorio. O primeiro deles será o da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 19.00 horas no Auditorio. Pola súa banda, o alumnado e o profesorado do Conservatorio Profesional subirán ao escenario o venres, a partir das 18.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo en ámbolos dous espectáculos.
21.11.2023.- A celebración de Santa Icía é unha data sinalada para todos os músicos e a celebración destes concertos conmemorativos é xa unha tradición que educandos e profesorado da Escola de Música e do Conservatorio aproveitan para festexar o seu día e para amosar ao público o traballo que realizan nos seus respectivos centros.