_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía prepárase para volver escoitar a gaita na romaxe urbana do Folk no Alobre

Tras ter que aprazalo pola ameaza de choiva o pasado día 1, o festival do Folk no Alobre quenta motores para despedir a temporada de verán o próximo domingo, 29 de setembro, facendo soar a gaita durante todo o día no Parque Enrique Valdés Bermejo. A romaxe urbana regresa co obxectivo de poñer en valor a paisaxe e o patrimonio histórico e natural de Vilagarcía, nun formato no que o folclore e a música tradicional galega son os protagonistas absolutos. Roteiro guiado, rito das penas, obradoiros de baile e concertos (cuxo inicio se adianta ás cinco da tarde) compoñen os ingredientes desta divertida celebración popular.
21.09.2024.- O Folk no Alobre é unha actividade organizada polo Concello de Vilagarcía en colaboración co colectivo Pés de Barro. Trátase dunha festa para vivir en familia e ao aire libre, ao modo das tradicionais romarías, e na que todas as actividades son de balde. Para maior comodidade dos asistentes á hora do xantar, o Concello disporá mesas e cadeiras para que a xente poida almorzar comodamente no parque. As persoas que non leven a comida da casa poderán adquirir algunhas viandas nos postos habilitados pola organización.

Como nas edicións anteriores, o popular músico Xurxo Souto participará na ruta histórica co que se inicia o programa pola mañá a modo de pasarrúas animado polo grupo Os Demos da Petaca. A actividade parte as 11 da mañá do Parque de Ravella, a onde deben dirixirse as persoas que desexen participar. Xa pola tarde actuarán Nós de Sobradelo, Bailai Malditos, Os D’Abaixo e outro grupo aínda por confirmar que substituirá a Os Caruncho, que debido ao cambio de data e por causa maior, non poderán participar na romaría.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -