_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MULLER
O CIM atendeu este ano a 349 mulleres, nun terzo dos casos relacionados con situacións de violencia de xénero

O Centro de Información á Muller (CIM), que depende da concellería de Igualdade que dirixe Tania García, atendeu durante o ano 2024 a 349 mulleres. Destes, 120 casos estiveron relacionados con situacións de violencia de xénero. As cifras son moi similares aos dos últimos anos: se no actual supuxeron o 34,38%, no anterior foron o 35,36 e no 2021, o 31,47%. As cifras demostran que o problema segue aí e xustifican a necesidade de continuar tomando medidas de prevención, concienciación social e, sobre todo, atención ás vítimas. En seis de cada dez casos, as mulleres que se achegan ao CIM teñen fillos.
23.11.2024. Segundo se colixe dos datos facilitados polo Centro en vésperas do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as circunstancias de desemprego e inactividade son as que acadan a porcentaxe mais alta entre as usuarias do servizo. Con todo, hai que ter conta que respecto da relación co emprego os datos varían de xeito moi dinámico durante o ano entre as que están desempregadas ou empregadas por conta allea. A gran maioría traballan en conserveiras ou hostalería, sectores con moita flutuación no emprego.

Sobre a cuestión da procedencia das usuarias do CIM, o 80% son españolas fronte ao 20% que son migrantes. Si se atende ao criterio de mulleres en situación de violencia, as atendidas de nacionalidade española chega ao 85%.

Nos datos relativos á idade, as estatísticas amosan que a violencia de xénero afecta a todos os tramos. Hai un intervalo moi amplo, entre os 25 e os 59 anos, no que se aprecia un número maior de mulleres atendidas, con algúns picos como o de entre 40 e 44 anos. A partir de esa idade baixa pero non deixa de ser significativa a incidencia en idades avanzadas: entre os maiores de 60 en adiante rexistráronse ata 18 casos de violencia.

O servizo de apoio psicolóxico é o que acumula un volume mais elevado de atencións, pois un bo número das mulleres que precisaron axuda, e de xeito moi específico as que relatan situacións de violencia machista, adoitan usar este servizo na súa totalidade. Este feito facilita un seguimento moi continuado da situación destas mulleres. O incremento da demanda foi o que levou ao goberno local a ampliar ao 100% a xornada do psicólogo contratado polo concello.

No servizo de asesoramento xurídico as cuestións mais consultadas teñen que ver con procedementos de familia, tanto civís como penais, e coa tramitación das solicitudes de xustiza gratuíta.

Por último, no servizo de información se recollen todas as demandas e consultas das usuarias que se achegan ao CIM para despois derivalas ao resto de servizos ou ben xestionalas dende alí cando é posible. En total, os tres servizos atenderon 1.218 consultas.

A concelleira de Igualdade, Tania García, considera que os datos son ben elocuentes para, primeiro, desmontar a onda negacionista deste problema e, segundo, seguir apostando polas políticas de igualdade efectiva entre homes e mulleres. A concelleira fai, por iso, un chamamento á sociedade para rexeitar calquera tipo de violencia machista, que non só se manifesta de xeito físico senón tamén psicolóxico.


ANEXO: PRINCIPAIS DATOS ESTATÍSTICOS CIM 2024


MULLERES ATENDIDAS 2024
Por situacións de violencia: 120
Novas atencións neste ano: 129
Outras situación: 100
Total de mulleres atendidas: 349

MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA, POR IDADE
Menores 20: 4
20-24: 8
25-29: 14
30-34: 8
35-39: 14
40 -44: 21
45 -49: 10
50 -54: 13
55 -59: 10
60 -64: 5
65 -70: 5
Maiores de 70: 8

MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA E NÚMERO DE FILLOS
Sen fillos: 41,8%
Con fillos: 58,2%

MULLERES ATENDIDAS EN RELACIÓN AO EMPREGO
Desempregadas: 31,85%
Empregadas por conta allea: 25,21%
Autoemprego: 3,15%
Pensionistas: 4,58%
Inactivas: 12,32%

MULLERES ATENDIDAS EN RELACIÓN Á SITUACIÓN MIGRATORIA
Españolas: 80,22%
Estranxeiras: 19,77%

ATENCIÓNS REALIZADAS POLO CIM, POR SERVIZO
Asesoramento xurídico: 27,59%
Apoio psicolóxico: 37,73%
Información e tramitación recursos: 29,90%
Orientación emprego: 4,77%
Total atencións prestadas: 1.218
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -