_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MULLER
500 alumnos e alumnas de 11 colexios e institutos reivindican a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

Como acto principal despois das semanas en que viñeron traballando nun proxecto sobre a igualdade e lacra da violencia de xénero, arredor de cincocentos escolares de sete colexios, tanto públicos como concertados, e catro institutos participaron esta mañá nun tan concorrido como festivo encontro no auditorio municipal para celebrar o 25-N. Antes de acceder á sala, os mozos e mozas fixeron unha fotografía de grupo diante das escaleiras da praza da II República. A ese momento sumáronse tanto o alcalde, Alberto Varela, como a concelleira de Educación, Paola María, e o edil de Promoción Económica e representante do goberno no consello escolar, Álvaro Carou. Os tres departiron con algúns dos rapaces que portaban eslóganes moi reivindicativos.
29.11.2024. Na actividade, coordinada pola Área de Igualdade do Concello, participaron os colexios: Educación Especial, A Escardia, O Carril, A Lomba, Arealonga, Sagrada Familia e San Francisco (os dos últimos, centros concertados). E, igualmente, os institutos Armando Cotarelo, Castro Alobre, O Carril e Fontecarmoa (este, de FP). Tamén estaba prevista a asistencia do CEIP de Rubiáns, pero finalmente non puido acudir ao auditorio.

As expresións en favor da igualdade entre homes e mulleres e contra a violencia machista foron moitas e de moi diversa factura. Dende a representación dun conto –"La perra, la cerca, la zorra y la loba"- polo Centro de Educación Especial ata un vídeo podcast polo colexio da Escardia, pasando polas pezas audiovisuais do instituto do Carril e un puzzle mural do CIFP de Fontecarmoa. As filipenses, en cambio, apostaron por un debate virtual para desmontar as trolas que circulan polas redes sociais, mentres que as franciscanas por unha actuación e un vídeo. A Lomba inclinouse por un baile da canción "Varre vasoira"; o IES Armando Cotarelo, por una posta en escena de casos reais de violencia de xénero baseada na obra de teatro "Invisibles"; e o IES Castro Alobre, pola lectura de poemas e relatos e unha canción reivindicativa, "Sen medo", cantada en galego. Os cincuenta representantes do Arealonga unicamente participaron como espectadores.

Por último, representantes de todos os centros leron de xeito conxunto un manifesto en favor da igualdade e contra a violencia, coa canción "Cuando nadie ve", de Fillas de Cassandra", como escenario musical de fondo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -