_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
O concello lanza unha plataforma propia de compra de tickets para eventos e de reserva de instalacións deportivas

Coa venda dos bonos Son da Casa, este domingo 1 de decembro comeza a funcionar unha plataforma forma propia para a venda de entradas para os máis diversos eventos e tamén para reservar a instalacións deportivas municipais. A plataforma chámase ticket.vilagarcia.gal e é moi sinxela de utilizar. Servirá, ao tempo, como axenda, de maneira que dende ela se publicitarán os eventos nos que o concello participa e os usuarios serán redirixidos a outras plataformas de venda. A diferenza fundamental é que cando se compren dende a web municipal, non haberá gastos de xestión.
29.11.2024. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, foron os encargados de presentar esta ferramenta coa que o concello dá un paso máis cara a súa dixitalización, como antes o supuxo a sede electrónica –sede.vilagarcia.gal- ou a oficina virtual tributaria –ovt.vilagarcia.gal-. É dicir, todo baixo o gran paraugas que é vilagarcia.gal.

Neste caso, ese substancial avance foi posible, de novo, grazas aos fondos europeos, nesta ocasión os Next Generation, de recuperación da economía trala pandemia. A intención do goberno é ir implementando as diversas funcionalidades que ofrece ticket.vilagarcia.gal nos vindeiros meses. Polo de pronto, comezará coa campaña dos bonos Son do Casa, pero en breve irán sumándose as reservas das instalacións deportivas (por exemplo, unha cancha de tenis para tal día e tal hora). O pago farase de xeito telemático, a través dunha pasarela segura que depende das entidades bancarias coas que traballa o concello habitualmente.

Outra das moitas funcionalidades que ofrece ticket.vilagarcia.gal é a xestión de entradas, sexan de pago ou gratuítas, das actividades que promove o concello, de maneira directa ou en colaboración con outras entidades. Igualmente, co tempo converterase na axenda de referencia para os vilagarciáns, posto que non só se publicitarán os eventos propios senón outros externos nos que o concello participa e patrocina. Nestes casos, en ticket.vilagarcia.gal se ofrecerá a información e para a compra se redirixirá a plataforma ou plataformas que os organizadores utilicen; os festivais de música son un exemplo, pero tamén se aplicará a concertos, actuacións ou representacións no auditorio que se organizan por promotores privados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -