CULTURA
O concello oferta 60 prazas para participar nas carrozas dos Reis Magos, dirixidas a nenos e nenas de 7 a 15 anos Un ano máis, o concello ofrecerá aos nenos e nenas que teñan entre 7 e 15 anos a posibilidade de acompañar aos Reis Magos na cabalgata do 5 de xaneiro. En total serán sesenta prazas, 24 nas carrozas dos Reis (rapaces de 7 a 9 anos) e 36 nas de agasallos (nenos/as de 10 a 15 anos). A inscrición abrirase o luns 9 de decembro e pecharase o mércores 18. As admisións realizaranse por rigoroso orde de anotación, que pode facerse por dúas vías: presencialmente, no Rexistro municipal, de 8:30 a 14:30, de luns a venres, ou ben telematicamente, na sede electrónica do concello: sede.vilagarcia.gal.
A lista farase pública o día 26 de decembro, na web municipal ( http://www.vilagarcia.gal ), na sede electrónica e nas propias oficinas da Concellería de Cultura (auditorio, primeiro andar). No caso de que haxa máis demanda que oferta, crearase unha lista de agarda, de xeito que se ata o día 5 de xaneiro se producen baixas, serán repostas cos rapaces que están en espera. Os participantes deberán ir ataviados con vestimenta de cor negro (pantalón tipo malla, xersei e zapatos ou botíns). A concellería prestará o resto da vestimenta (casaca e tocado). Esta deberá ser recollida o día 2 de xaneiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas.
As instancias para a inscrición estarán dispoñibles na sede electrónica e na web municipal. Ademais de inserir os datos de identidade dos pais, nais ou titores e do rapaz/a inscrito, deberá autorizarse expresamente a toma de fotografías, vídeos e sons. A cabalgata comezará o día 5 de xaneiro, domingo, ás 19:00 horas.