_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Arranca este domingo a venda do bonos son da casa, a través de ticket.vilagarcia.gal e presencialmente na Praza de Galicia

A oitava edición dos bonos Son da Casa arranca este domingo, 1 de decembro, ás 00:01 horas. Son 3.750 packs de 30 euros cada un, dos que o usuario só abona 20 e os outros 10, o concello. A compra unicamente poderá facerse por vía telemática, a través na nova plataforma municipal de entradas e reservas, ticket.vilagacia.gal. Haberá, sen embargo, dúas excepcións de venda física, pensando en aqueles que teñen máis dificultades coas novas tecnoloxías. Unha será mañá, domingo, de 11:00 a 13:00 horas, na praza de Galicia, nunha carpa do concello atendida por membros da asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, que colabora na campaña. A segunda xornada de venda física será o vindeiro sábado, 7 de decembro, con mesmo horario e emprazamento. Para ambos casos se reservaron 500 packs, 250 en cada sesión. A diferenza doutros anos, nesta ocasión hai que ter en conta que non se admitirá a compra “en representación”, é dicir, unicamente se venderán packs a aquel que aporte o seu DNI e non os de outros.
Polo demais, a mecánica é similar á das anteriores sete edicións. Isto é: o interesado/a pode adquirir un máximo de dous packs. Cada un contén 4 bonos: dous de dez euros e dous de cinco. O prezo do pack é de 20 euros, pero o eu valor real é de 30. Nas compras poden usarse un, varios ou todos os bonos. En todo caso, cada ticket é dun so uso: tras mercar no establecemento (sexa comercial ou hostaleiro adheridos á campaña), queda invalidado. Hai que ter en conta que en ningún caso se devolve efectivo ou está permitido cambiar bonos por cartos.

O proceso de compra por internet, a través de ticket.vilagarcia.gal é moi sinxelo e intuitivo. Simplemente hai que indicar os datos persoais tal e como figuran no DNI, o número de packs desexados e proceder ao pago, a través dunha pasarela segura. Os bonos serán enviados por mail, aínda que poderán imprimirse dende a mesma web ou ben descargalos en PDF. En ticket.vilagarcia.gal os usuarios poderán consultar os bonos gastados e os pendentes de facelo.

UN MES, SEN PRÓRROGA
Con respecto a anteriores edicións, desta volta non haberá prórroga posible. O tempo para adquisición e gasto vai do 1 de decembro ao 31 do mesmo mes, ás 23:59 horas. Con esta iniciativa, o concello propiciará que se poñan en circulación 112.500 euros, o que significa que nestas 8 edicións a inxección económica no comercio e a hostalería locais chegará aos 900.000. Os bonos Son da Casa foron unha iniciativa pioneira do Concello de Vilagarcía que naceu en plena pandemia logo imitada por multitude de concellos en Galicia e España.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -