_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O concello pon en marcha os novos sistemas de apertura dos colectores marróns, que implica cambiar as tarxetas-chave

O concello, a través da concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, acaba de poñer en marcha a renovación do sistema de apertura do contedor marrón, nos que se tiña detectado un erro que estaba dando bastantes problemas. Así pois, as persoas partícipes nesta campaña -algo máis de 650 nestes momentos- deberán entregar a "chave" antiga (en realidade, unha tarxeta similar á de fidelización de calquera servizo) para recibir a nova. E para iso instalará un stand en distintos lugares do municipio e con amplo horario a fin de os cidadáns poidan facer de xeito máis cómodo ese cambio, sen ten que desprazarse ás oficinas de Urbaser.
10.12.2024. É preciso lembrar que estar en posesión desas "chaves" e, polo tanto, participar activamente no proceso de recollida selectiva dos residuos orgánicos, que son compostables, será un requisito indispensable para optar ás bonificacións previstas na nova ordenanza fiscal de xestión de residuos; deste xeito, os que demostren a súa colaboración activa no programa verán practicamente neutralizado o impacto da suba do recibo, en gran parte debido ao canon de Sogama.

A campaña para dar conta do cambio na xestión dos contedores marróns, facilitando así a permuta das chaves, comeza mañá na praza de España, nunha carpa que estará aberta de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30 horas. Continuará o xoves, co mesmo horario, na Alameda. Para a vindeira semana, o stand trasladarase ás prazas de Galicia e de Ravella, en días sucesivos. E máis tarde, xa co cambio de ano, a campaña chegará ao Carril e Vilaxoán. Aqueles usuarios que, pola razón que sexa, non poidan pasar pola carpa en ningún dos días e lugares previstos, deberá xestionar o cambio da chave nas oficias de Urbaser, no polígono de Trabanca.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -