_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Fexturrón pechou as súas portas acadando cifras récord: máis de 80.000 visitantes

Vilagarcía de Arousa, 10 de xaneiro 2025.- O Fexturrón, o referente das actividades de Nadal a cuberto en Galicia, pechou as súas portas despois de permanecer aberto dende o 29 de novembro.
Un final de festa con sabor moi doce, xa que este ano rompéronse todos os récords con máis de 80.000 visitantes procedentes de toda Galicia, Madrid, País Vasco, Castela e León e tamén de Portugal, segundo a valoración dos organizadores. Con respecto á anterior edición, detectouse máis público pero tamén máis contención no gasto, a pesares de que os prezos eran populares.

O balance de datos amosa que os primeiros días de actividade foron máis frouxos, debido ao bo tempo e tamén a que os cativos aínda non estaban de vacacións. O punto de inflexión foi a partir do día 22 de decembro, con moita máis afluencia e algúns días de cheo total. A isto contribuíron as vacacións escolares pero tamén o tempo: cando chove e vai frío nótase máis movemento de visitantes.

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Álvaro Carou, celebrou os bos datos obtidos que “ratifican o éxito de Fexturrón, o parque de atraccións cuberto máis grande de noroeste de España”. Cómpre recordar que este ano aumentouse a superficie utilizada en Fexdega ata alcanzar o 75% do recinto. “A idea é continuar incrementando o espazo ata ocupar a totalidade os máis de 6.000 metros cadrados dispoñibles”.

Non só se ampliou o espazo de uso, senón que tamén o tamaño da pista de xeo, que creceu nun 25% converténdose na gran estrela do Fexturrón. De feito, é unha das catro pistas de xeo natural destas características que hai en España.

“O esforzo do Concello por organizar o Fexturrón, sumado ao ambiente festivo que se respira en Vilagarcía, cos mercadiños, a decoración e as actividades de dinamización, tradúcese en que cada vez hai máis xente de fóra”, apunta Álvaro Carou. Isto repercute positivamente na economía local porque os visitantes gastan no comercio e na hostalería de toda a vila. “Cada ano que pasa son máis as familias que veñen a pasar as vacacións de Nadal a Vilagarcía, convertendo o noso concello no seu centro de ocio”, conclúe.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -