_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Facenda
INTERVENCIÓN
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 099 200 (Ext. 429)
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico intervencion@vilagarcia.es
recadacion@vilagarcia.es
tesoureria@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 8,30 a 14,30 horas
Interventora Trinidad Gómez Reiriz

Adscrito a Intervención está o seguinte servizo

Contabilidade Rosa Otero
986 099 200 Ext 422
Correo electrónico intervención@vilagarcia.es

A administración financeira do Concello corresponde ós departamentos de Intervención e Tesourería.

O servicio de Intervención desenvolve as seguintes actividades:

• Fiscalizar tódolos actos, documentos e expedientes que dean lugar ó recoñecemento de dereitos e obrigacións de carácter económico.
• Ordena-los ingresos e pagos que se derivan dos actos anteriores.
• Intervir os ingresos e fiscalizar tódolos actos de contido económico.

TESOURERÍA
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 099 200 (Ext. 405))
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico tesoureria@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 8,30 a 14,30 horas
Tesourería Maria del Carmen Castro Louzao

O departamento de Tesourería ten como funcións principais as seguintes:

• Manexar e controla-los fondos, valores e efectos do Concello.
• Realiza-los cobros e pagos que corresponden ó Concello.
• Exerce-la xefatura do servicio de Recadación, establecendo os procedementos recadatorios, autorizando os pliegos de cargo de valores que se entregan ós recadadores e axentes executivos, dictando as providencias de apremo nos expedientes deste carácter e autorizando, cando sexa necesario, a poxa dos bens embargados.

Dependente de Tesourería é o servicio de Rendas, que basicamente se encarga de:

• Liquida-los ingresos municipais (impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos).
• Realiza-las propostas de resolucións dos recursos interpostos contra os ingresos municipais en período voluntario. • Controla-las altas, baixas e modificacións dos rexistros.
• Rexistra-los cambios de domicilios a efectos de notificacións.

Rendas 986 099 200 Ext 413,415 y 417
Correo electrónico rendas@vilagarcia.es

Tamén dependente da Tesourería, o servizo de Recadación encárgase de realiza-lo proceso de cobro dos tributos, prezos públicos e outros ingresos, e de realiza-las propostas de resolución dos recursos interpostos contra os tributos en vía executiva de constriximento.

O cobro dos tributos efectúase por dúas vías:

• En período voluntario: dentro dos prazos legalmente establecidos, recollidos no Calendario do Contribuínte.
• En período executivo: unha vez rematado o prazo voluntario, sen que se tivera satisfeita a débeda, iníciase o período executivo. Antes de que sexa dictada a providencia de constrinximento, o pago incluirá un 10% de recargo, pero se xa foi notificada, o recargo será do 20%, máis os intereses de demora devengados e as custas que procedan.

O pagamento dos recibos e liquidacións pódese realizar a través de:

- domiciliación bancaria.
- caixeiros automáticos habilitados.
- E presencialmente nas entidades financieiras colaboradoras coa Recadación municipal: Banco Pastor, NovaGalicia Banco, La Caixa, BBVA, Banco Etcheverría e Banco Santander.

RECADACIÓN
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella, 1 - 2ª planta. 36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 09 92 00 Ext 413,415 y 417
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico recadacion@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 8,30 a 14,30 horas

 

 


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2010  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -