Operarios da empresa Mondo comezaron esta mañá os traballos de renovación do céspede artificial do campo Manuel Jiménez, unha actuación na que o Concello de Vilagarcía inviste 269.000 euros de fondos propios. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Deportes, Carlos Coira, desprazáronse esta mañá ata as instalacións deportivas para inspeccionar os traballos que permitirán ao campo contar cun tepe de última xeración e homologado para a celebración de competicións oficiais de fútbol e rugby. |