|
CULTURA
Lorenzo Silva e Noemí Trujillo presentan en Vilagarcía a “La innombrable”, a última aventura da inspectora Manuela Mauri |
|
A segunda xornada do Vilagarcía, Cidade de Libro, a do mércores 12 de xuño, chega cargada de misterio e cun cartel repleto de grandes autores galegos e de ámbito nacional. Baixo o epígrafe “VGA en negro” desfilarán polas casetas de firmas Pedro Feijoo, Arantza Portabales e Rober Cagiao, xunto con Noemí Trujillo e Lorenzo Silva, estes dous para presentar unha nova aventura da inspectora Manuela Mauri, a protagonista da saga policíaca da que xa levan coescrito tres novelas. A última, “La innombrable”. Os cinco autores especializados no thriller protagonizarán a Conversa ao Solpor a partir das 20.30 horas no escenario principal do Parque Miguel Hernández. O xornalista Carlos Crespo moderará a sesión na que o público tamén poderá intervir. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|