Observaciones |
|
|
Historia, arte e paisaxe únense nesta orixinal proposta da Concellería de Xestión do Territorio na que seis artistas locais interpretan a través das súas manifestacións artísticas un espazo, un concepto, unha idea ou un sentir deste fermoso e simbólico emprazamento que é O Montiño, berce do pobo de Vilagarcía.
Espallados polo bosque e entre o xacemento arqueolóxico do Montiño, o visitante pode atopar as obras de Manolo Chazo, Xaquín Chaves, Enrique Conde, Uxío López, Manolo Paz e Francisco pazos. Media ducia de esculturas que reinterpretan as orixes da cidade.
A mostra poderase visitar durante o horario no que permanece aberto o Montiño, de 11 da mañá ás oito da tarde. |