Observaciones |
|
|
Recentemente chegados dunha xira por Omán e Arabia Saudita, o trío formado por Jorge Pardo (saxo e frauta), Isaac Turienzo (piano), e Armando Orbón (guitarra española), ofrecerán o mércores un concerto en Vilagarcía.
No recital, que leva o título xenérico de “Clasica&Jazz. O exacto e o infinito”, fusiónanse músicas como o jazz, o flamenco e a clásica. Os tres músicos que protagonizan o concerto contan con moi distintas orixes pero converxen nun punto común: a cultura universal.
Jorge Pardo ven de gañar, hai apenas dous meses, o premio ao mellor disco de jazz nos Premios da Música Española 2010, nos que ademais estaba tamén nominado ao mellor disco de flamenco.
E é que Jorge Pardo, ademais dunha das figuras do jazz español con maior proxección internacional, é unha das referencias imprescindibles da fusión flamenca co jazz. O seu estilo coa frauta travesera e o saxo converteuse en modelo referencial.
|