|
A Ría de Arousa constitúe un ecosistema único e dos de maior riqueza e beleza do mundo. Nas súas augas viven e conviven unha gran variedade de peixes, moluscos e crustáceos, pero os seus fondos acollen tamén restos de gran valor arqueolóxico, testemuñas da histórica relación do home e o mar, do Mar de Arousa. "Natureza Somerxida " é un intento de achegarse aos secretos da Ría a través da mirada experta e desperta de tres especilalistas en fotografía submariña. Medio centenar de instantáneas, seis paneis didácticos e un audiovisual conforman esta mostra sobre un dos hábitats máis representativos de Galicia.
A exposición poderase visitar no Centro de Interpretaciónd a Ría de Arousa (CIRA) de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 14:30 a 19:30 horas. Os sábados o horario é de 11 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 e os domingos de 11 a 14 horas.