Observaciones |
|
|
“Bereberes. Os señores do deserto” é unha exótica viaxe cara ao mundo bereber, cun importante percorrido ao longo das zonas do Sáhara e o norte de África, cunha especial atención ao territorio comprendido entre o Atlas e o Grande Atlas. A mostra céntrase no gran papel que desenvolven as familiares bereberes, este pobo nómada, libre e que se sente libre, sen ataduras a estados ou nacións.
Entre as tradicións máis notables atópase a xoiería, sendo a muller bereber a gran protagonista. Na mostra preséntase algo máis dun centenar de pezas de excepcional importancia, salientando as xoias, fíbulas, pectorais, colares, coroas, brazaletes ou nocelleiras laboriosamente labradas polos ourives, realizadas maioritariamente en prata, con esmaltes, corais, ámbar ou coiros e seda. Pezas que chaman a atención pola súa inigualable beleza e esplendor.
A mostra chega a Vilagarcía da man do convenio Concello-Caixanova.
|