|
O circuíto de actividades que puxo en marcha a Concellería de Xuventude nas zonas do rural chega en outubro á parroquia de Guillán. Dentro deste programa realizarase un obradoiro de risoterapia para maiores de 18 anos, que se levará a cabo dende o 9 de outubro ata o 27 de novembro, impartíndose a actividade todos os xoves, de 17:30 a 19:00 horas.Trátase dunha actividade gratuíta na que os interesados poden isncribirse no centro cultural.