Observaciones |
|
|
Actividade coorganizada pola Fundación de Deportes e o Club e a Asociación Marítimo Cultural Vilaxoán. Durante estas datas desenvolverase en Vilaxoán distintas competicións relacionadas co mundo do mar así coma diversas actividades culturais.
O programa é o seguinte:
DÍA 29 DE AGOSTO,VENRES 21,00 horas. No salón de actos do Centro Sociocultural de Vilaxoán (O Preguntoiro), apertura da semana Náutica, coa actuación das corais da A VV de Trabanca Badiña e a Coral Máximo Patiño Méndez de Vilaxoán. DÍA: 30 DE AGOSTO, SÁBADO 17,00 horas. Nas augas do porto de Vilaxoán, regatas de piragüismo en categorías alevín e infantil masculino e feminino baixo o control técnico da Federación Galega de Piragüismo. DÍA: 31 DE AGOSTO, DOMINGO 10,30 horas. No entorno de peirao, VI Triathlón Concello de Vilagarcía, co control técnico de Federación Galega de Triathlón. 11,30 horas. No peirao, Concentración de embarcacións tradicionais pertecentes as asociacións da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 16,30 horas. Regatas e navegación libre. DÍA: 1 DE SETEMBRO, LUNS 12,00 horas. Nas aguas do porto, regatas de vela da clase optimist, composta de tres mangas, baixo a organización e o control técnico do Liceo Casino-Club de Mar. DÍA: 2 DE SETEMBRO, MARTES 12,00 horas. Nas aguas do porto, regatas de vela de clase cadete, composta de tres mangas, baixo a organización e o control tecnico do Liceo Casino Club de Mar. DÍA: 3 DE SETEMBRO, MÉRCORES 21,00 horas. Nas inmediacións do peirao, actuación dos grupos de pandereteiras correspondentes os grupos NÓS de Sobradelo, e Cantareiras do Alecrín da A.C. de Ribadumia. DÍA: 4 DE SETEMBRO, XOVES 21,00 horas. No contorno do peirao, actuación da Big-Band de Vilagarcía. DÍA 5 DE SETEMBRO, VENRES 21,00 horas. Na esplanada do porto, actuación do grupo folclórico Amor Ruibal de Barro, e da Escola de Danza “Perla de Arosa”, no seu vixésimo aniversario. DÍA 6 DE SETEMBRO, SÁBADO 09,00 horas. Nas inmediacions do peirao, comezo do Campionato Aberto de Pesca Deportiva. 12,00 horas. Finalización do campionato de pesca: pesaxe, medición das capturas e entrega de trofeos. DÍA 7 DE SETEMBRO, DOMINGO 11,30 horas: XLIV Travesía a Nado ao porto de Vilaxoán, coa participación de nadadores de variuos clubs de Galicia, baixo a supervisión do colexio de árbitros e xuíces da Federación Galega de Natación. 13,30 horas. Clausura da IV Semana Náutica e Cultural Vilaxoán 2008. |