_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Exposición fotográfica: A Brincadeira e o Urban VGA
Fecha Inicio
  | 30/10/2009
Fecha Fin
  | 30/11/2009
Horario
  | 09:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre
Observaciones
 
| Os momentos máis espectaculares e intensos vividos durante a celebración da Brincadeira e do Urban VGA o pasado mes de agosto poderán revivirse a través da exposición fotográfica que a Concellería de Xuventude organiza en colaboración cos colectivos de mozos e mozas que participaron nos eventos e que poderá visitarse no hall do Auditorio.

Ó redor de cincuenta fotografías en formato A3 captan as máis sorprendentes acrobacias dos skaters e as realizadas nas ramplas do Cavadelo polos afeccionados á BMX e que demostran a pericia dos mozos e mozas que practican estes deportes integrados na denominada cultura urbana. As imaxes tamén farán un repaso polo traballo realizado polos grafiteiros, así como polos concertos e as restantes actividades que se desenvolveron durante as dúas xornadas do festival da Brincadeira e o Urban VGA.

A meirande parte das instantáneas que compoñen a mostra foron tomadas polos mozas e mozos que participaron no concurso fotográfico realizado dentro do propio festival. Outras foron cedidas para a ocasión por Mulas Producións, a productora que colaborou na organización do evento.

Con esta mostra, a concellería que dirixe Ana Lorenzo pretende poñer o colofón á programación desenvolvida durante o verán en torno á cultura urbana e a todas as disciplinas e xeitos de expresión artística que engloba un movemento socio cultural do que participa un bo número da mocidade vilagarciá. Estes mozos veñen colaborando de xeito continuado co departamento municipal á hora de propoñer actividades e coorganizar eventos para os cales a Concellería pon a súa infraestrutura dentro do obxectivo que persegue de ofertar actividades para a xuventude do municipio.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2008  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -