|
O circuíto de actividades que puxo en marcha a Concellería de Xuventude nas zonas do rural chega en outubro ó Piñeiriño. Dentro deste programa realizarase un obradoiro de risoterapia para maiores de 18 anos, que se levará a cabo centro Breogán. A actividade impartirase os venres, do 10 de outubro ao 28 de novembro en horario de 20:30 a 22:00 horas. Trátase dunha actividade gratuíta na que os interesados poden isncribirse no centro cultural.