Observaciones |
|
|
Gozar dos fermosos solpores da Ría ó relaxante ritmo da música chillout será posible durante toda a semana na Praia da Concha a través do programa "Ás nove na praia". A Concellería de Promoción Económica e a asociación de hostaleiros da cidade volven a poñer en marcha esta iniciativa tras o éxito acadado o pasado ano.
Para o maior confort dos asistentes, a organización ambientará unha zona do areal, ó situada ó carón do piñeiral, mediante a instalación de haimas, mesas, hamacas ou sofás. Decenas de farois aportarán a súa cálida luz a medida que o sol se vaia poñendo.
Varias barras xestionadas por pubs adheridos a Ahituvi encargaranse de elaborar os cócteis que se servirán ó prezo de 3,5 euros. Os principais será nos mojitos” e caipirísimas (unha variante da caipirinha, feita con ron e non con cachaça). Tamén haberá caipirísimas sen alcohol e auga para os menores os adultos que prefiran este tipo de bebidas.
Ás sesións de “Ás nove na praia” comezarán, como os eu propio título indica, ás nove e prolongaranse ata a media noite. O domingo, 8 de agosto, pecharase a segunda edición da iniciativa cunha sesión que estará amenizada por algúns dos mellores d`js de Galicia no que a música chillout se refire. |