_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Exposición: La Divina Comedia de Salvador Dalí
Programa
  | Convenio Concello-Caixanova
Fecha Inicio
  | 23/07/2009
Fecha Fin
  | 23/08/2009
Horario
  | 20:30
Lugar
  | Sala de Exposiciones Antón Rivas Briones
Precio
  | Entrada gratuíta
Observaciones
 
| Salvador Dalí (Figueras, 1904-1989) é sen dúbida unha das figuras máis coñecidas da pintura surrealista e das vangardas internacionais que se desenvolveron no século XX cuhna obra que acabou marcada pola súa adscrición ao grupo surrealista de André Bretón e polo coñecemento de Gala – a súa compañeira permanente- en 1929, acontecemento decisivo na súa vida e tamén na súa obra. Unha vida e unha obra que están fortemente influídas pola pegada das teorías freudiana, o estudio do subconsciente e a aplicación do método paranóico-crítico.

Deste importantísimo creador, a Colección Caixanova adquiriu no mes de xuño de 2007 unha das súas obras gráficas máis importantes: as ilustracións de la Divina Comedia (1960), cen xilografías (presentes todas na exposición), que xunto cos trinta aguafortes dos Cantos de Maldoror do Conde de Lautréamont (1934) e as doce litografías para Don Quijote de la Mancha (1957) constitúen a súa obra culminante no ámbito da ilustración, un terreo no que o artista chega a realizar ata quince series distintas de gravados.

Como é ben coñecido, A DIVINA COMEDIA é unha das obras máis importantes da literatura universal, escrita en romance italiano por Dante Alighieri (1265-1321) entre 1307 y 1321. Dividida en tres partes: “Inferno”, “Purgatorio” e “Paraíso”, cada parte está á súa vez composta de 33 cantos, excepto o Inferno que ten 34. Na obra de Dante, conducida polo poeta latino Virgilio, recorre os nove círculos do inferno, e chega ó cume do purgatorio onde se reúne coa súa amada Beatriz quen lle vai a acompañar ata o paraíso.

As ilustracións do pintor catalán amosan aspectos de Dante no seu percorrido polo inferno, onde é detido pola luxuria, a soberbia e a avaricia. Beatriz, o seu gran amor, envía na súa axuda ó poeta Virgilio quen lle guía por onde moran os seres atormentados, embarcando despois cara o purgatorio e ó final á contemplación celestial.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2008  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -