|
A mostra do Proxeto Miroscopio recolle o material gráfico elaborado por María Corleone e a asociación Filosofía para Nen@s de Galicia no marcod esta orixinal iniciativa.
Este proxecto está conformado por unha serie de cinco contos para nenos a partir de cinco anos editados por Everest Galicia e acompañados de música e material para pais e educadores.
A exposición recolle as ilustracións realizadas por María Corleone –autora tamén dos contos- para esta publicación.
Os compoñentes de grupo de traballo do Centro de Filosofía para Nen@s de Galicia construiron, a partir dos contos, un “Manual” para os profesores que queiran utilizalo na súa aula. Nestes manuais atópanse plans de discusión, propostas de actividades, exercicios sobre moitas clases de habilidades...
Proxecto Miroscopio é, segundo sinala a súa autora, “unha proposta que nos convida a escoitar e a mirar doutro xeito, que nos convida a… miroscopiar”.