Observaciones |
|
|
Terragrafías é unha viaxe fotográfico-literaria polas caras e os rostros das persoas que fan da terra a súa aposta pola vida. Galicia está identificada coa terra e coa saudade, pero diante dese ancoramento, hai xentes novas que desafían o abandono do agro e loitan día a día nos anceios de arrincar o zume da terra, de conseguir cos seus froitos non perder o fío umbilical coa natureza.
Estas fotografías e textos poéticos pretenden recrear unha homenaxe a esperanza, un canto ós que nos axudan a non perder os alicerces da terra. Trinta fotografías realizadas polo fotógrafo estradense Anxo Cabada, da xente da terra de toda Galicia, e do Salnés acompañadas de textos poéticos de Xosé María Alvarez Cáccamo, Chus Pato, María Xosé Queizán, Anxo Angueira, Fran Alonso, Marga do Val, Francisco Castro, Carlos Lema e Xaquín Chaves, así ate vinte e un escritores.
HORARIO DE VERÁN DO AUDITORIO: De luns a venres: de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 Sábados: de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 21:00 |