|Costureiro, Camisería Santa Rita e Creaciones Dopazo
Observaciones
|
O televisivo dúo humorístico das Cantareiras de Ardebullo, máis que famosas polas súas aparicións no programa Luar, serán as estrelas da gala benéfica organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Salnés (Afasal) co obxectivo de recadar fondos para a ampliación dos talleres de estimulación para usuarios e da posta en marcha dos grupos de apoio para familiares.
A gala promete ser todo un espectáculo no que, ademáis do humor cotiá e enxebre das Cantareiras, haberá as actuacións musicais da Coral Máximo Patiño de Vilaxoán e da Rondalla do Gato Negro de Carril. E por si fose pouco, o actor e humorista vilagarciá, Josito Porto, actuará como presentador de gala, e aportará tamén o seu grao de humor a esta boa causa.