Observaciones |
|
|
Carmen Carreiro Natural de Baiona, deseñadora de profesión e directora da revista Bahía Sur, Carmen Carreiro presenta unha serie de imaxes baixo o título xenérico de H2O. As súas fotografías reflexan a presenza da auga no noso entorno, na vida de cotío. A súa presenza en ríos, mares, fontes pero tamén no xeo, nas nubes e noutros elementos. A mostra pretende non só presentar beleza plástica senón tamén chamar a atención sobre un elemento que nos resulta vital.
Emilio Villar “Pasado efímero” é o título que elexiu este vigués, profesional de artes gráficas, para a mostra que dende hoxe expón en Vilagarcía. Nela pódense ver distintas fotografías analóxicas tomadas nos anos 70, cando Villar comezou a publicar os seus primeiros traballos. Imaxes inspiradas nos grandes cineastas europeos como Herzog, Bergman ou Pasolini. Xunto a estas fotografías tamén expón algunhas outras imaxes de experimentos máis recentes, nos que utiliza técnicas dixitais. |