Saída ao campo en coches particulares á procura de especies para a exposición.
DOMINGO 8
12,00 h.: Apertura das seguintes exposicións: - Cogomelos vivos, láminas, paneis, libros. - XI Concurso de Fotografía Micolóxica “Enrique Valdés Bermejo” - X Concurso de Debuxo Escolar. - Maquetas sobre a natureza e os cogomelos. - 13,00 h: Viño galego para autoridades e colaboradores.
LUNS 9
Conferencia: José Luís Tomé Ortega, Secretario da Fed. Galega de Micoloxía: Micoloxía ao alcance de todos. Todas as conferencias, no Auditorio, ás 20,30 h.
MARTES 10
Conferencia: Jaime Blanco Dios, presidente da Agrup. Micolóxica “Brincabois”: Cogomelos comestibles e tóxicos.
MÉRCORES 11
Conferencia: Chemi Traba Velay, da Agrupación Micolóxica “Pan de Raposo” de Cee, coautor do libro “Cogomelos de Galicia”: O xénero Lactarius.
XOVES 12
Conferencia: Dionisio Comesaña, totógrafo e cociñeiro afeccionado: O que non sei da cociña con cogomelos.
VENRES 13
Conferencia: José Mª Costa Lago, Agrup. Micolóxica “Pan de Raposo” de Cee: Das utilidades dos Polyporus.
DOMINGO 15
XVIII FESTA DOS COGOMELOS, de 11,00 a 15,30 h. - Degustación de cogomelos e viño albariño. - XXVI Concurso de Cociña. - VII Exposición de Cestas de Outono.
SÁBADO 21
20.30 h: Sesión de clausura do Outono Micolóxico: - Entrega de premios do XI Concurso de Fotografía Micolóxica, o X Concurso de Debuxo Escolar e o I Concurso de Escaparates. - Entrega de trofeos aos colexios. - Proxección de diapositivas do Outono Micolóxico de 2008. - Cea Micolóxica e entrega de obsequios aos colaboradores.
Se queres coñecer o programa completo, podes baixalo en PDF completo no portal municipal, http://www.vilagarcia.es , na sección de taboleiro de anuncios / información pública.