_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Exposición de pintura: Carmen Touza
Fecha Inicio
  | 05/03/2010
Fecha Fin
  | 28/03/2010
Horario
  | 09:00
Lugar
  | Sala de Exposiciones Antón Rivas Briones
Observaciones
 
| A mostra que a pintora pontevedresa Carmen Touza trae a Vilagarcía está composta por arredor de vinte obras, na súa meirande parte de formato 120x120 cm., así como dunha serie de polípticos, todas elas elaboradas en acrílico ou en técnica mixta sobre lenzo.

Toda obra de Carmen Touza ten un elemento en común: a súa paixón pola cor. Entre os temas do seus caros, sobresae o da figura feminina e os bodegóns, presentados sempre cunha persoal mestura de estilos que combina as influencias do moderno impresionismo e do fauvismo.

Traxectoria
Os comezos de Carmen Touza remóntanse á década dos setenta, onde por circunstancias da vida fixou a súa residencia en Alemaña, país onde se formou como pintora. Nos seus comezos realizou talleres de formación con pintores, hoxe en día, considerados verdadeiros mestres da plástica alemá, logrando formar parte dunha das mellores galerías alemás, como é Die Kleine Galerie.

Xa de regreso a España, decidiu instalar o seu estudo nas Illas Canarias, concretamente na cidade de Tenerife, sendo hoxe en día, xunto con Pontevedra, os lugares onde se inspira para crear a súa obra.

Das súas exposicións individuais destacan a que este mesmo ano realizou no Museum of the Americas, de Miami, ou as tamén recentes en Aranda de Duero (Burgos), Barcelona, Las Palmas ou no Palacete de los Albéniz, en Pontevedra.
A súa obra tamén foi exposta en galerías de arte de Italia, Francia, Estados Unidos e Alemania, así como na Feira Internacional ‘Puro Arte’ de Vigo.

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2010  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -