Observaciones |
|
|
Dende o 30 de xullo e ata o 14 de agosto, ambos incluídos, o areal da praia da Concha, entre o pinal e a auga, convértese nunha gran zona de ocio no que non faltan zonas de lectura con acceso a internet, gardería, ludoteca, piscina con barquiños, cancha de voleipraia, tobogáns con bolas xigantes para tirarse ao mar, tobogán adaptado aos máis pequenos, rocódromo a auga e balancíns tamén dentro da auga. Todo de xeito gratuíto e sempre baixo a vixilancia de monitores e socorristas. E, por suposto, todo de utilización gratuíta.
O PlayingVilagarcía funciona de 10,30 a 14,00 horas, pola mañá, e de 16,00 a 21,00 horas, todos os días.
|