Observaciones |
|
|
A Asociación de Familiares de Enfremos de Alzheimer, Afasal, en colaboración coa concellería de Cultura, organiza unha gala adicada ao baile deportivo e de salón. O espectáculo estará protagonizado polos bailaríns do club Al Compás de Vigo, formado por grandes bailaríns de toda a provincia de Pontevedra que compiten ao máis alto nivel de baile amateur tanto en España como en Portugal.
Entre as coreografías de exhibición que ofrecerán mañá en Vilagarcía inclúen temas moi coñecidos para o gran público. Cancións de Rosana, Michael Jackson, Cristina Aguilera, Miguel Bosé, Estopa, Rosario ou Ana Belén, entre outros, bailados con estilos tan diversos como vals vienés, chachachá, rumba, bolero e un longo etcétera.
A entrada será de balde. Aquelas persoas que o desexen poderán deixar a súa aportación económica voluntaria a favor de Afasal nuns petos que se colocarán no recinto. |