Observaciones |
|
|
A delegación Arousá da Asociación de Axuda ao Pobo Saharaui, en colaboración coa Área de Igualdade e Benestar, organiza unha nova edición do festival benéfico en prol do Pobo Saharaui, que ten por fin acadar fondos que se destinarán a sufragar o costo das viaxes dos nenos que participan no programa Vacacións en Paz.
Nesta edición o festival será un claro reflexo da cultura galega, xa que reunirá a distintos grupos folclóricos do municipio. Os asistentes poderán gozar das actuacións dos grupos Nós de Sobradelo, Pandereteiras e acordeonistas de Catoira, Pandereteiros Traspés de Vigo, Pandereteiras Urdime e da Asociación Muíños do Vento. Os grupos folclóricos que colaboran fano de forma totalmente desinteresada.
Entre os asistentes ó concerto, sortearase un GPS, un TDT e un reloxo para home.
|