Observaciones |
|
|
Salvador Dalí (Figueras, 1904-1989) é sen dúbida unha das figuras máis coñecidas da pintura surrealista e das vangardas internacionais que se desenvolveron no século XX cuhna obra que acabou marcada pola súa adscrición ao grupo surrealista de André Bretón e polo coñecemento de Gala – a súa compañeira permanente- en 1929, acontecemento decisivo na súa vida e tamén na súa obra. Unha vida e unha obra que están fortemente influídas pola pegada das teorías freudiana, o estudio do subconsciente e a aplicación do método paranóico-crítico.
Deste importantísimo creador, a Colección Caixanova adquiriu no mes de xuño de 2007 unha das súas obras gráficas máis importantes: as ilustracións de la Divina Comedia (1960), cen xilografías (presentes todas na exposición), que xunto cos trinta aguafortes dos Cantos de Maldoror do Conde de Lautréamont (1934) e as doce litografías para Don Quijote de la Mancha (1957) constitúen a súa obra culminante no ámbito da ilustración, un terreo no que o artista chega a realizar ata quince series distintas de gravados.
Como é ben coñecido, A DIVINA COMEDIA é unha das obras máis importantes da literatura universal, escrita en romance italiano por Dante Alighieri (1265-1321) entre 1307 y 1321. Dividida en tres partes: “Inferno”, “Purgatorio” e “Paraíso”, cada parte está á súa vez composta de 33 cantos, excepto o Inferno que ten 34. Na obra de Dante, conducida polo poeta latino Virgilio, recorre os nove círculos do inferno, e chega ó cume do purgatorio onde se reúne coa súa amada Beatriz quen lle vai a acompañar ata o paraíso.
As ilustracións do pintor catalán amosan aspectos de Dante no seu percorrido polo inferno, onde é detido pola luxuria, a soberbia e a avaricia. Beatriz, o seu gran amor, envía na súa axuda ó poeta Virgilio quen lle guía por onde moran os seres atormentados, embarcando despois cara o purgatorio e ó final á contemplación celestial. |