Observaciones |
|
|
Detrás de Cornelius 1960 hai cinco galegos e un de adopción que un día decidiron formar un grupo e facer música a ritmo de rock, funky e pop. Un día, a través de Myspace contactaron con Mick Glossop, quen fora productor de Van Morrison, entre outros artistas de primeiro nivel. Glossop axudounos a producir o seu primeiro disco.
Despois veu a alianza coa compostelá Blussens e a súa participación na homenaxe aos 50 anos dos Beatles e na celebración do125 aniversario de Coca-Cola. Dende entón, o grupo vilagarcián segue sumando adeptos ao ritmo da canción que versionaron para a bebida refrescante, “Happiness”: todo vai saír ben e hai que sorrir por iso. |