Observaciones |
|
|
O XXXVIII Certame Audiovisual Internacional do Liceo Casino da o pistoletazo de saída o martes 19 cunha semana repleta de actividades que culminarán cunha gala de clausura prevista para o vindeiro sábado 23 de outubro. As actividades deste prestixioso certame terán lugar no Salón de Actos do Liceo Casino, exceptuando a gala de clausura que se celebrará no Auditorio. Tamén haberá polas mañás actividades específicas para centros escolares da localidade.
Programación:
Martes 19 17:00 h: Obradoiro de animación de obxectos e teatro de títieres. Creación de relatos, escenarios e personaxes. Impartido por: Paco Peregrino (Lcdo. en Belas Artes, pintor e escultor), e Priscila Santos (Lcda. en Comunicación Audiovisual e produtora audiovisual)
21:00 h: Acto de homenaxe a Xesús González Monedero, histórico participante no Certame Audiovisual do Liceo Casino.
Mércores 20 17:00 h: Seminario “Desenvolvemento de guión. Principios básicos. Idea, escaleta, tratamento ou primeira versión”, impartido por: Priscila Santos e Xacobo Sanmartín (Lcdo. en Comunicación Audiovisual, guionista e director).
21:00 h: Monólogo do actor Cándido Pazó.
Despois do monólogo haberá a proxección dunhas curtas dun Obradoiro de Igualdade, que foi organizado pola Concellería da Muller do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Xoves 21 Sección oficial a concurso: Proxección de curtametraxes a concurso na sección oficial do Curtas Film Fest – Xacobeo 2010 no Salón de Actos do Liceo Casino.
Venres 22 Sección oficial a concurso: Proxección de curtametraxes a concurso na sección oficial do Curtas Film Fest – Xacobeo 2010.
Sábado 23 21:00h: Gala de clausura do Curtas Film Fest presentada por Araceli Saavedra. Contará con actuacións de danza a cargo da Escola de Danza "Perla de Arosa", a actuación musical de Rosa Cedrón, un monólogo de Carlos Blanco, así coma a proxección de escenas dos audiovisuais premiados. Entre cada actuación procederase a entrega de cada un dos premios deste certame. |