_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | CONCERTO: Ciclo de Música de Cámara "Galegos Hoxe!"
Programa
  | Ciclo Galegos Hoxe!
Fecha Inicio
  | 23/03/2010
Fecha Fin
  | 23/03/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre e de balde
Observaciones
 
| O segundo concerto do ciclo Galegos Hoxe! acollerá a estreA absoluta da peza musical Reversos, composta especialmente para este ciclo polo músico e profesor do Conservatorio de Vigo Fernando Buide.

O programa deste concerto inclúe as obras:
Reversos (F. Buide, 2010)
O saxo e o vibráfono representan dous mundos aparentemente opostos: o vento, onde se ten control do son durante toda a sua emisión, fronte a percusión; o rexistro grave frente ao agudo; a resonancia do vibráfono fronte ao son do saxo; o monofónico frente ao polifónico. Porén, poden establecer pontes que os acheguen; o vibráfono pode adquirir unha cualidade case vocal e o saxo tornarse moi percusivo. Reversos propón un movemento de tempo vivo e animado, onde os instrumentos enuncian xestos musicais enfrentados pero que por momentos converxen e atopan unha única voz. Cada instrumento convértese no reverso do outro, converxendo nunha única narrativa.
3 Pezas (J. González, 2003)
A obra consta de 3 movementos sen interrupción a modo de modulación entre os 3 instrumentos, partindo dun son moi agudo e breve nos temple-blocks, pasando dende o máis agudo ata o máis grave da marimba como sección lírica, para terminar nun ruído atronador no grave do bombo. Hoxe estréase unha nova versión.
West, or Evening Song in Autumn (M. Natsuda, 1996)
Música ritual, a máis oriental das que compuxen. Fúndase no concepto de tempo circular ou en espiral que se atopa na natureza. Evening e Autumn simbolizan o mesmo punto sobre as unidades de tempo circular: o día e as catro estacións. West é unha dirección que se corresponde con ese punto temporal na antiga filosofía chinesa. É polo que se chama West, malia o seu carácter oriental. A obra conéctase coa impresión do solpor nunha visita que realicei a un antigo templo en Corea.
El margen de indefinición (López-López, 2001)
A base harmónica da obra sácase dos multifónicos do saxofón. Tomados como obxectos tímbricos, combínanse coa percusión creando texturas que xorden máis da fusión que da superposición. Este procedemento permíteme realizar ou filtrar con extremada fineza e precisión determinados componentes dun multifónico, duplicar algún, dosificar a vontade e a densidade ou subliñar determinados harmónicos ou servirnos deles como pasarelas a outros multifónicos. Pretende evocar a idea de timbre, o nacemento e formación do son dende o seu interior, evocar estados gasosos da materia, atmosferas como nubes onde os límites, marxes e volumes entrelázanse e confunden.
Roca del Canto, Piedra de la Alegría (M. Rodeiro, 2000)
Obra encargada por Canal+España para o audiovisual feito en conmemoración de Santiago 2000 Capital Cultural de Europa, foi estreada no Cento Torrente Ballester de Ferrol e foi unha das obras mais difundidas do autor, recentemente interpretada no Xapón, China, Taiwan, Puerto Rico o México entre outros lugares.

Os intérpretes
Diego Ventoso [percusión]
Natural de Vilanova de Arousa, cursa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Vigo e amplíaos na Escola Superior de Música de Porto, no Conservatorio Superior de Castelló e en The Peabody Conservatory of Music de Baltimore. Asiste a cursos impartidos polos profesores L.H. Stevens, E. Sejourne, Cinccinatti Percussion Trio, J. Putjens, A. Lipner, entre outros.
Realiza concertos como solista e formando parte de diferentes agrupacións tales como Trio Drummedarios, Cannes Ensemble, Taller instrumental do CGAC, grupos de percusión da Jonde e da ESMAE, The Peabody Percussion Group, The Peabody Symphony Orchestra, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Xoven Orquestra de Galicia, Banda Sinfónica de Galicia, etc, levando a cabo a estrea e gravación de numerosas obras. Obtén o Premio de Honra Fin de Carreira no Conservatorio Superior de Vigo, o primeiro posto cunha Mención de Honra do xurado no Concurso de Mocidades Musicais de España, e gaña ex aequo o III Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola fundación Pedro Barrié da Maza.
Pablo Coello [saxofón]
Finalizados os seus estudos nos conservatorios de Vigo e Santiago de Compostela continúa coa súa formación musical no Conservatorio Nacional da Rexión de Bordeus con M. B. Charrier e J-M. Londeix, especializándose ademais na interpretación de música contemporánea. Participa durante tres anos nos Seminarios de Saxofón impartidos por A. Gomis. Realiza numerosos concertos con diferentes agrupacións de cámara ou como solista, e na actualidade é membro fundador de Ensemble Fonos 21, do cuarteto S@X21 , do Ensemble Atmosphère, e actúa co artista sonoro portugués P. Raposo e o compositor e artista dixital P. Rebelo, realizando concertos en Francia, España, Italia e Portugal, participando ademais en diversos congresos e festivais.
Ten colaborado coas agrupacións Novo Contemporáneo, Sigma Project ou Real Filharmonía de Galicia. Na actualidade é profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O compositor
Fernando Buide (Santiago de Compostela, 1980)
Completou a súa formación musical no conservatorio da súa cidade natal, Santiago de Compostela, e no conservatorio de Oviedo, así como na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh, onde estudou piano, composición e órgano.
Na actualidade completa o seu doutoramento na Universidade de Yale onde o seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard obtivo recentemente o premio Michael Friedmann á mellor investigación doutoral. Entre os seus mestres de composición destacan L. Balada, M. Bresnick, C. Theofanidis ou A. Kernis.
A música de Buide abarca dende o xénero camerístico ata o sinfónico, incluíndo música coral e para banda. As súas obras foron programadas por formacións como a Sinfónica de Pittsburgh, Sinfónica de Minnesota, Filarmónica de Yale, Filarmónica Carnegia Mellon, New Music New Haven, Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. O traballo de Buide tamén inclúe proxectos interdisciplinares como o realizado en colaboración co artista gráfico I. Offermans.
Foi profesor de harmonía e análise no Conservatorio de Vigo e na Universidade de Yale.
Na actualidade, prepara a tradución do libro da compositora e investigadora P. Escot A poética das matemáticas simples en música.
Como compositor, entre os seus próximos proxectos, destacan encargos de Festclásica, con motivo do centenario I. Albéniz, así como da Orquestra Real Filharmonía de Galicia e o ensemble Plus.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2010  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -