Observaciones |
|
|
O Festival do Norte sae este ano do recinto de Fexdega. Paralelamente á celebración dos concertos o festival programou este ano, por primeira vez, unha serie de actos que se desenvolverán no Auditorio vilagarcián. O primeiro deles é unha exposición fotográfica que, baixo o título “FDN Imáxenes. 2000-2009”, recolle unha trintena de instantáneas en gran formato realizadas polo público que ten acudido ao evento nas súas nove edicións.
As imaxes proveñen dunha convocatoria-concurso realizada dende a web do Festival do Norte para que o público que ten asistido ao certame, e non foran profesionais, enviara as súas fotografías de todos estes anos. “Pareceunos unha boa forma de interactuar co público e darlles a oportunidade de plasmar como viven eles o festival”, explicou a promotora da iniciativa.
De entre todas as fotos presentadas, chegadas dende todos os lugares de España, seleccionaronse as trinta que compoñen esta mostra |