Observaciones |
|
|
Dentro do ciclo ‘Acústicos no Auditorio’, co que a Concellería de Cultura intenta achegar e dar a coñecer ao público arousán diversos estilos musicais e de procedencias ben distintas, este venres terá lugar un concerto de música sefardía a cargo da cantante Julia León –irmá da tamén cantautora Rosa León. A cantante estará acompañada polos músicos Iñaki Aguirre (guitarra, laud e bouzuki) e Pep Domenech (baixo).
Julia León é unha investigadora e cantante que ten unha longa traxectoria como recopiladora de música tradicional. A súa achega musical foi considerada desde febreiro do 2010 Patrimonio Cultural Español e a súa obra esta depositada na Biblioteca Nacional. Nos anos setenta Julia León foi cofundadora do movemento musical ‘Canción del Pueblo’, e adicouse a musicalizar poetas como Lorca, Miguel Hernández, Neruda, Nicolás Guillen, León Felipe ou Machado e un longo etcétera.
Música sefardí Nos últimos quince anos Julia León tomou contacto coa música sefardí a través de fontes directas: as comunidades hebreas de Madrid e Valencia, e en Israel no seo da familia de Isaac Levi, así como nas universidades de Ramat-Gan e Jerusalén. |