Observaciones |
|
|
A cantante portuguesa Dulce Pontes, o pianista argentino afincado en Vilagarcía Juan Carlos Cambas, e o dúo formado polo gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras actuaron xuntos por vez primeira no Festival de Cosquín (Arxentina) o pasado mes de xaneiro. Agora repiten a experiencia en Vilagarcía.
‘A Viaxe’ O espectáculo, que leva por título xenérico “A viaxe: Galicia, Portugal, Arxentina”, propón un percorrido pola xeografía musical destes tres lugares. Unha viaxe de ida e volta a través do mellor da música popular galega, portuguesa e arxentina co fin de mostrar os puntos en común que unen a estes tres pobos a través da música. “A arte da Ría e do Río da Prata representa a unión de ambas as beiras atlánticas”, explica Juan Carlos Cambas, artífice do espectáculo.
Dulce Pontes, Juan Carlos Cambas, Daniel Bellón e Diego Maceiras proponse neste concerto, e no escenario maior da música arxentina de raíz,. “Unha viaxe de ida e volta a través do mellor da música destes dous lugares”. |