Observaciones |
|
|
O Mago Adry presenta en Vilagarcía a súa nova montaxe “Fragmentos máxicos”, un espectáculo cómico no que crea diversos personaxes, nacidos nas súas actuacións en bares, e no que toca distintos ámbitos da maxia, desde os elementos mais clásicos ata o mentalismo. Ademais, a súa axudante, Celeste, desenvolve ao longo da actuación diversas perfomances de danza con música.
O mago Adry (Adrián Caeiro) é un Compostelan de 19 anos que pese á súa mocidade conta xa cunha ampla experiencia nos escenarios. Achegouse á maxia dende ben cativo, tendo como os seus primeiros mestres aos magos Romarís e Xacobe. Foi fundador do colectivo “El cuadrado mágico”. Na súa trayectoria conta xa con varios espectáculos realizados, entre o que sobresaen “Experiencia cercana á muer…Maxia”, “Aleatoriamente máxico”, “Maxia de cercanía” ou “D-Lirium”.
No seu estilo predomina a maxia participativa, na que o público síntese un máis no espectáculo e non simplemente un espectador. |