|
Vintecinco anos despois de ter obtido o primeiro premio do V Concurso de Pintura Concello de Vilagarcía, Gullermo Charlínm volve a expoñer a súa obra na cidade na súa cidade. Como o porpio título da mostra indica, a bruma empapa toda a colección desta mostra. O que percibimos nos cuadros de Guilelrmo Charlín, intuímolo a través dunha densa capa de bruma. Por iso, cada obra inclúe o necesario punto de referencia que axuda a orientarse. Como complemento á colección de cadros que compoñen "Bruma" a exposición inclúe tamén unha selección de traballos agrupados co título de "Huellas".