Observaciones |
|
|
A exposición "Galicia en foco" achega a Vilagarcía una mostra fotográfica que serve de recopilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diferentes facetas nos medios de comunicación. A escolma desta edición, aborda algún dos principais eventos informativos do ano 2009, dende as eleccións autonómicas ata a campaña a favor da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.
Trae tamén á nosa memoria folgas ou sucesos que ocuparon as páxinas dos xornais galegos, como os destrozos que causou en xaneiro o ciclón extratropical Klaus. A exposición ilustra algúns dos aspectos máis pintorescos das tradicións e a etnografía galega, como a Rapa das bestas de Sabucedo ou o Triángulo máxico do entroido ourensán, e retrata a personaxes de actualidade social da comunidade, coma Isaac Díaz Pardo ou Méndez Ferrín, entre outros.
Cada fotografía irá acompañada polo nome do autor, o xornal no que foi publicada, datos sobre o lugar onde se tomou, e unha breve reseña que contextualiza a instantánea. |