|
Tras 14 anos e xa na súa IX edición, é a única exposición itinerante e transfronteiriza da Unión Europea. A bienal de pintura do Eixo Atlántico consolidouse como unha das exposicións itinerantes de referencia da Península Ibérica. O obxectivo desta iniciativa é o coñecemento e a mestizaxe cultural entre os creadores da Eurorrexión facendo fincapé nos novos talentos.
Logo de comezar a súa interancia en Carballo, a Mostra permanecerá en Vilagarcia durante todo o mes de marzo. Despois irá a Barcelos e así ata decembro de 2012, que rematará en Ribeira.