Observaciones |
|
|
Médico de profesión, Xan Vieito conta cunha longa e intensa traxectoria artística, colgando as súas obras en numerosas exposicións individuais e colectivas dende o ano 1998. Os “Universos de papel” cos que chega a Vilagarcía acaban de chegar de Edimburgo, onde a obra de Xan Vieito foi a protagonista durante o mes de maio dunha exposición na Framed Gallery da capital escocesa.
Os cadros que compoñen os “Universos de papel” parten de recordos do autor, de escenas de aldea, facilmente identificables por calquera persoa. Nelas os nenos e, sobre todo, a muller, xogan un papel determinante nunha colección que destaca pola súa fermosura poética e na que Vieito utilizou preferentemente técnica mista, aínda que na colección inclúense tamén algúns óleos, acrílicos e debuxos. |