Observaciones |
|
|
O centro sociocultural e deportivo de Vilaxoán acolle dende o 28 de xaneiro, e ata o 15 de marzo, a exposición fotográfica “C.F. San Martín, 60 anos de historia”. A mostra, organizada pola Concellería de Cultura, foi coordinada por Martín Cardalda, “Tinín”, ex xogador tanto do Sanmartín coma do Arosa S.C.
A través de 40 fotografías, a súa meirande parte en branco e negro, a exposición recolle algúns dos momentos máis importantes na historia do club de fútbol de Vilaxoán. Hai entre estas imaxes fotos de mediados dos anos 50, cando se creou o club, nas que aparece o seu fundador Francisco Montenegro “O Ravelo”.
Tamén hai outras na que figuran xogadores do San Martín que despois xogaron en equipos de Primeira División, como foi o caso de Búa (que chegou a xogar no Real Madrid) ou Raposo (que militou no Deportivo).
Entre as imaxes desta mostra figuran moitas alineacións do San Martín en moi distintas épocas, dende os anos 50 ata a do equipo da actual tempada. |