Observaciones |
|
|
Nunha carpa en forma de iglú e capacidade para 30 persoas, en cada pase se realizan catro proxeccións en 180 graos, o que permite adentrarse nos conceptos básicos da astronomía, como “o día e a noite”, na que o visitante aprende o concepto da iluminación diúrna polo Sol e a nocturna, pola Lúa e as estrelas. Ao tempo, como funciona o movemento de rotación, o por que das estacións astronómicas, os solsticios e equinoccios e a relación existente entre o Sol e as constelacións zodiacais.
Por outra banda, coas proxeccións os visitantes se achegan ás principais constelacións, como a do Carro, Orión, os Xemelgos ou a Cruz do Sur. Igualmente, se estudan os pasos que dá a Lúa dende a Lúa Nova á Chea, pasando polo crecente e o menguante.
En definitiva, o Planetario Viaxeiro de La Caixa é unha oportunidade única para achegarse ao mundo da astronomía dunha forma rigorosa e motivadora, combinando xogo, acción, reflexión e diálogo.
O horario de apertura é de 11,30 a 13,30 horas, coa asistencia de monitores. |