Observaciones |
|
|
Sete grupos dos locais de ensaio que funcionan nos baixos do auditorio compiten esta fin de semana no primeiro certame que organiza a Concellería de Xuventude e Solidariedade, coa colaboración de Cultura. O premio consistirá en 500 euros e a gravación dunha maqueta. A intención do Concello é axudar a abrir portas aos novos valores da música local.
Nesta primeira edición, os grupos participantes son Bordeline 79, Stultum, Extraviados, Pacodelia, Rumblin Rose, Myths About Pandas e Turbo Láser. A cita será o venres e o sábado, a partir das sete da tarde, no auditorio municipal, con aceso gratuíto. Dos sete grupos, só catro pasarán á final, o sábado. O venres, cada formación terá vinte minutos de actuación; o sábado, trinta. A valoración basearase en tres aspectos: a posta en escena e o directo; as composicións propias; e o apoio do público. |