Observaciones |
|
|
No marco das programa do festival “Son de Lúas. Cosquín en Vilagarcía” a hall do auditorio vilagarcián acollerá unha exposición composta por 21 obras do pintor Carlos Bóveda que se inaugurará o 14 de outubro ás oito da tarde e permanecerá aberta ate finais de mes.
Estamos ante unha exposición nada convencional. As obras que a integran son produto da memoria dun tempo e dun lugar. A memoria, o tempo, as obras xorden da lembranza de Carlos Bóveda, que parece que as creou precisamente non só con cores, senón tamén con son.
O artista
O que marcou rotunda e decididamente o trazo da pintura deste artista foi xustamente o seu lugar de nacemento: Padrón, e unha nación: Galicia. Unha presenza permanente no maxín de Bóveda, pese aos seus 40 anos de residencia en Bos Aires, República Arxentina, onde non deixou de pensar nin de comunicar os oficios da súa xente, as súas festas, as súas paisaxes e as súas tradicións.
Nado en Ponte Cesures, daquela pertencente ao concello de Padrón, o 5 de febreiro de 1933, comeza a súa andanza artística no 1948, ano no que entra na cerámica Celta, onde deixou unha profunda pegada do seu xenio creador, como por exemplo a escultura da Lavandeira.
Tamén colaboraba coas súas ilustracións no periódico La Noche e coas viñetas que resumían o humor de cada día. Coa chegada da censura da época franquista acaba optando por deixar as viñetas, e posteriormente polo voluntario desterro sudamericano.
Arribou a Río de la Plata cando acaba de cumprir os 29 anos de idade, deixando atrás arduos anos de preparación e de formación no mundo da plástica. Na súa estancia en terras arxentinas acusou pouco a influencia do seu lugar de acollida na súa obra, a pesares de pintar durante un ano a vida das chabolas.
Traballador incansable durante toda a súa vida, non deixou de pintar nin un só día. Regresou a Galicia 40 anos máis vello e coa mesma ilusión dos seus inicios. Seguiu pintando mentres expoñía no Hostal dos Reis Católicos (2002) e Padrón (Escaparates, 2003). E deixou armadas para inaugurar tralo seu pasamento en xullo de 2004: Boiro, Padrón e Hostal dos Reis Católicos.
No eido da cerámica, a súa última creación foi a placa que leva o nome de “El Correo Gallego”, no parque infantil de Pazos. A súa saúde impediulle asistir á inauguración.
“Non son pintor de alcobas”, dicía o artista que acabou consolidándose coma o pintor dos humildes, dos necesitados, dos sen voz. |