Observaciones |
|
|
Despois do éxito de "Un cranio furado" , a compañía Producións Teatráis Excéntricas regresa a Leenane, ea terra do oeste de Irlanda na que pode pasar de todo.
Os protagonistas son Valene e Coleman, dous irmáns que mal voltan do enterro do pai, comezan a disputar o que o vello deixou, convertendo a casa nun campo de batalla.
É como un western doméstico ao que asisten como espectadores o atónito cura, o padre Welsh, que non entende nada, e a escéptica Girleen, unha esperta rapariga da aldea, que o entende todo. No fundo de todo este asunto agáchase un magnífico crime, como en todas as obras de Martin McDonagh.
O elenco de "Oeste Solitario" compóñeno Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa |