Observaciones |
|
|
Os temas máis famosos do trío composto por Ana Torroja e os irmáns José María e Nacho Cano serán interpretados e dramatizados con coreografías e sketchs no espectáculo “La Fuerza del destino”, que se representará o sábado, 17 de novembro, a partir das 21:00 horas. O musical chega a Vilagarcía tras ser visto no último ano por máis de 25.000 espectadores de toda España.
Un grupo de entre oito e dez bailaríns-cantantes sairán a escena para representar este tributo a Mecano interpretando unha vintena dos temas máis famosos do grupo, acompañados polas correspondentes coreografías. A música será en directo e correrá da man de cinco expertos músicos. Hoy no me puedo levantar, No hay marcha en Nueva York, Cruz de navajas, 7 de Septiembre, Hijo de la luna, Me cuesta tanto olvidarte, Bailando salsa, Barco a Venus, Maquillaje, e o tema que da título ao espectáculo, La fuerza del destino, son so unha mostra das cancións incluídas no musical.
La Fuerza del Destino é espectáculo de gran formato para todos os públicos. A música é totalmente en directo. Estilos como pop, rock, salsa, jazz, soul o flamenco soan da man de cinco grandes músicos, percorrendo os temas máis famosos de Mecano, partindo dunha viaxe en metro como fío condutor da acción enmarcada na época da movida madrileña. |